versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Santa Minia vai a polos 50.000 festeiros cunha ducia de grupos

[22/09/2009]

Os días 25, 26 e 27 haberá cinco pulperías. Expectación polos lumes de artificio e a 'queima' da fachada. Verbena con dúas orquestras en Xallas. As festas en honra de Santa Minia de Brión buscan este ano bater a asistencia de 2008, cifrada nuns 45.000 festeiros.

E a comisión, que integran Benigno Vázquez e Hipólito Berdullas, pretende facelo baseándose nunha oferta lúdica abraiante: doce conxuntos musicais, entre charangas, orquestras e grupos; cinco pulperías e lumes de artificio dos de verdade.

Non obstante, todos os implicados son conscientes de que a fe move montañas e a devoción pola santa adolescente é o principal motivo de visita, polo que para o domingo 27, día grande, se prepararon eucaristías cada hora dende as 09.00 ata as 13.00 horas (a grande) e dende as 17.00 ata as 20.00 horas.

Este ano as festas comezan o próximo venres día 25 coa actuación de Ritmo Xoven e Capitol. Previamente, dende ás 19.00 horas, a charanga Os Celtas, de Negreira, animará a carballeira. O sábado 26, véspera do día grande, inclúese un dos puntos máis celebrados: a tiraxe de lumes de artificio e representación da queima da fachada da capela de Santa Minia a media noite, con Pirotecnia López. Posteriormente, verbena popular coa participación da orquestra Compostela e o Grupo Assía. Durante todo o día haberá música e actuacións, como a da charanga Os Celtas ou o grupo folclórico C.C. Rosalía de Castro, dende as 10.00 horas ata o mediodía.

A orquestra Compostela encargarase da sesión vermú e repetirá pola noite con Assia. Os peques gozarán de carruseis e hinchables e, o sábado ás 16.00 horas, actúan os pallasos Tul e Pan e a banda de gaitas Estivada S. R. De Calo.

O domingo farano as charangas NBA e Os Celtas (Negreira), o grupo folclórico Os Castros (Ames) e un cuarteto. A sesión vermú a amenizará o grupo Aramio, que repite de noite xunto a Los Satélites.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion