versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión pecha o pano da última edición da Festa do Cabalo

[20/09/2009]

As actividades do vixésimo sétimo ano de festa equina continuarán durante a tarde de hoxe. A vixésimo sétima edición da Festa do Cabalo de Brión viviu onte o seu día grande. O recinto equino de Monte Rañalonga acolleu durante toda a tarde un concurso de saltos, unha yincana, unha proba de seis barras, unha carreira de burros e unha carreira de relevos por equipos cun percorrido de 3,5 quilómetros, na que tomaron parte dez conxuntos de Brión e bisbarra próxima.

A xornada tamén estivo pensada para os máis pequenos, os cales puideron gozar de atraccións de cabalo como o «poni club», onde os veciños máis novos puideron bautizarse no mundo equino.

A festa, organizada pola Asociación Festa do Cabalo de Brión, en colaboración co Concello e a Deputación Provincial de A Coruña, esperan reunir ata o final do día de hoxe máis de 7.000 persoas.

Durante o día de hoxe continuarán as actividades no Monte Rañalonga. Ademais, faranse públicos os resultados de todas as carreiras.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion