versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Millares de persoas seguiron as probas da Festa do Cabalo celebrada en Brión

[21/09/2009]

Unha das participantes sufriu unha caída e tivo que ser trasladada ao Hospital. Millares de persoas encheron esta fin de semana o monte Rañalonga de Brión para asistir á tradicional Festa do Cabalo, que este ano celebrou os seus XXVII edición. Máis de 300 exemplares participaron neste certame, organizado pola Asociación Festa do Cabalo de Brión en colaboración co Concello e a Deputación Provincial.

A chuvia ameazaba con estragar a festa, e os propios organizadores temían que así fose, pero ao final as condicións climáticas non impediron o bo desenvolvemento da celebración. Os responsables da Asociación Festa do Cabalo, Manuel Fernández e Santos Lapido, indican que non só o tempo acompañou, senón que o público respondeu «de marabilla». A tarde de onte foi a de maior afluencia de público, que case desbordou as amplas zonas de aparcamento habilitadas en torno ao recinto. Os visitantes chegaron atraídos polos concursos de saltos e as carreiras de cabalos do país, cruzados, cruzamento inglés e puro sangue.

As probas vespertinas desenvolvéronse cun pequeno atraso de 45 minutos, motivado pola caída dunha participante, que foi trasladada en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago, aínda que o seu estado non reviste gravidade. As probas non se poden celebrar sen unha ambulancia no recinto e houbo que agardar a que volvese de Santiago o coche que trasladou á accidentada.

Durante a mañá, preto de 90 exemplares tomaron parte na ruta cabalar polo monte Rañalonga seguindo o curso do río Tambre.

O día anterior, sábado, o equipo de Lousame alzouse coa vitoria na segunda edición da carreira de relevos, na que participaron 25 xinetes de Boullón, Brión, Os Ánxeles, Boiro e Lousame. Divididos en cinco equipos de cinco xinetes, cun veterano e unha muller en cada conxunto, o equipo de Lousame foi o máis veloz en cubrir o percorrido de máis de 3,5 quilómetros. A grande novidade da Festa foi a celebración dun partido de fútbol cunha vaquilla como árbitro.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion