Aberto o prazo en Brión para asistir aos talleres de fotografía e de manualidades
[16/09/2009]
O Concello de Brión abriu onte o prazo de inscrición en catro cursos formativos de informática e fotografía e no tradicional taller de manualidades. Este último está dirixido a todos os veciños de Brión maiores de 18 anos e desenvolverase ao longo do ano. Os interesados deberán inscribirse no Centro Social Polivalente ou chamando ao teléfono 981 509 910, xa que o número de prazas é limitado. Os alumnos deste taller deberán aboar unha cota trimestral de 40 euros e unha vez finalizado o curso, o Concello organizará unha exposición cos traballos realizados.
Os cursos de informática e técnica fotográfica impartiranse en outubro e novembro. O primeiro, ten unha duración de 20 horas e costa 25 euros para os brioneses e 35 para os foráneos. O de fotografía celebrarase do 29 de setembro ao 29 de outubro. A inscrición remata o día 28 e deberá realizarse na Casa dá Cultura.
Enlace a La Voz de Galicia