versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno da Deputación aproba por unanimidade as obras do plan anticrise

[12/09/2009]

A Deputación de A Coruña aprobou onte, co apoio de todos os grupos políticos da cámara, a primeira fase dun dos «Plans anticrises» deseñados polo Goberno provincial para paliar a difícil situación económica que padecen os concellos da provincia como consecuencia da crise. Segundo a resolución aprobada onte, quince municipios das bisbarras da zona de Santiago beneficiaranse das actuacións e obras por valor de máis dun millón de euros.

Esta primeira fase do «Plan anticrise 2» está deseñado para financiar os gastos asociados ao mantemento dos servizos públicos esenciais dos concellos. Así, en Arzúa recuperarase o acceso da N 547 que comunica Doraña ao seu paso por Bascuas. Estes traballos contan cunha dotación de máis de 30.000 euros cos impostos incluídos.

En Boimorto realizaranse os traballos de canalización do ámbito do colexio Armando Cotarelo Valledor, e ampliarase a rede de saneamento das zonas de Arceo e Arentía, cunha dotación económica de 78.639,99 euros.

O concello de Brión contará cunha rede de abastecemento que dará servizo ás parroquias de A Torre, Trasouteiro e Cornanda cunha dotación de 105.341,33 euros.

En Toques realizaranse obras en Insua, entre outros lugares e en Tordoia, haberá melloras e reparacións en Castiñeiro e noutros camiños do municipio.

No concello de Teo realizaranse traballos de reforma na estrada que comunica. Luou con Pontevedra, por valor de 153.000,00 euros.

Vedra mellorará o firme dos viais municipais e instalarase a tabiquería móbil no Museo de Vedra, cun presuposto de 83.863,18 euros.

Outros concellos que se beneficiarán destas dotacións como complemento ao Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) son os concellos de Arzúa, A Baña, Boqueixón e Santiso. No municipio arzuano reformaranse varios parques infantís así como a rúa Luis Seoane cunha inversión de 112.802,70 euros.

En Boqueixón realizaranse varias reformas nas instalacións da rede de baixa tensión do municipio.

No pleno da Deputación coruñesa tamén se acordou promover o aforro enerxético nos concellos. A institución provincial realizou unha auditoría enerxética dos concellos de menos de 20.000 habitantes, os estudios das cales se lles darán proximamente, e no mes de outubro aprobarase ao programa europeo Peace, que impulsará distintas accións para o aforro enerxético.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion