versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O plan de transporte metropolitano non estará listo ata xuño do 2010

[12/09/2009]

Os alcaldes e a Dirección Xeral volverán reunirse o día 24 para estudar o desenvolvemento do actual servizo. O novo modelo de transporte metropolitano de Santiago non estará listo ata dentro de nove meses. Este é o prazo fixado pola Dirección Xeral de Transportes que onte mantivo unha reunión de traballo á que estaban convocados os representantes de todos os concellos que gozan do servizo (Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Val do Dubra e Oroso), xunto aos municipios que se incorporarán ao novo modelo: O Piñeiro, Touro e Trazo.

A dirección xeral aduciu razóns técnicas para establecer a data de xuño do 2010 para a posta en marcha dun sistema de transporte que divide os concellos que rodean a Santiago en varias zonas e establece tarifas en función dos cambios de áreas, coa posibilidade de realizar transbordos dentro da mesma zona sen custo engadido. Iso si, o novo goberno autonómico confirmou que asumía o proxecto herdado do bipartito, insistindo en que soamente razóns de tipo técnico fan inviable que o novo modelo vexa luz antes de que comece o próximo verán.

Entre as razóns técnicas que dilatan os prazos están as dificultades para deseñar tarxetas de transporte que inclúan os distintos perfís de usuarios, ademais da substitución das máquinas canceladoras dos billetes. E mentres o novo modelo emenda os problemas técnicos, o actual servizo de transporte metropolitano seguirá como está ata agora, coas mesmas liñas de viaxeiros e cun sistema que non permite transbordos.

Outro dos acordos pechados na reunión de onte foi o de constituír unha comisión de seguimento par revisar como funciona o actual plan e como se desenvolven os traballos do futuro modelo.

Próximo encontro

A próxima cita, a orde da cal do día centrarase en analizar o modelo existente para emendar carencias, celebrarase o próximo día 24, aínda que será en San Caetano e non na Dirección Xeral de Mobilidade.

A reunión de onte celebrouse precisamente a petición dos alcaldes da bisbarra compostelana que dende o cambio de goberno autonómico reclamaran a posta en marcha do proxecto, dado que, segundo a anterior Dirección Xeral de Transporte, o proceso estaba pendente de razóns de tipo técnico, as mesmas que recoñece o actual equipo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion