versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os alcaldes de Ames, Brión, Oroso e Teo acusan á Xunta de frear obras

[13/09/2009]

Entre os proxectos pendentes destacan o IES de Milladoiro, o centro de día teense e a sede do 112. Os alcaldes dos principais municipios da área metropolitana de Santiago: Carlos Fernández (Ames), Martiño Noriega (Teo), Manuel Mirás (Oroso) e Xosé Luís García (Brión), expresaron o seu rexeitamento á política do novo goberno autonómico, ao que acusan de non respectar a execución de obras pendentes que se xeraron durante o bipartito. Unha circunstancia que indirectamente vinculan coa afiliación política do seu gobernos, todos socialistas agás o rexedor nacionalista teense e o goberno de coalición de PSOE e BNG de Oroso.

Segundo os alcaldes, boa parte das obras foron directamente anuladas, como o caso dos investimentos en saneamento, ou atópanse no limbo de diversos procedementos administrativos, unha circunstancia que está a afectar a proxectos que consideran imprescindibles para o desenvolvemento dos seus respectivos concellos.

O máis explícito foi o rexedor amiense, Carlos Fernández, que aínda que non dá por perdida a posibilidade de que se peche un acordo coa Xunta para reverter a anulación de obras de saneamento en varios concellos do ámbito compostelano, afirma que «se non a me demostra ou contrario, creo que están a atrasar obras para que non se rematen para que eu non poida cortar a fita antes dás vindeiras eleccións municipais».

As obras á que se refire o primeiro edil amiense son parte dos grandes equipamentos, como o centro de saúde de Milladoiro, o instituto de secundaria da mesma localidade e tamén a solución definitiva aos problemas de masificación do colexio de Ventín, ademais do proxecto do parque comarcal de bombeiros.

No caso do concello teense, o seu rexedor, Martiño Noriega, recorda que os principais investimentos pendentes de concretar son, ademais dos 200.000 euros xa anulados para obras de saneamento, o centro de día previsto en Calo, unha obra que dende hai tempo está pendente de licitación. Tamén inclúe a execución dos tres millóns de euros consignados nos presupostos de Estado para obras de saneamento e que o bipartito pretendía vehiculizar, unha responsabilidade que agora a Xunta traslada á Confederación Hidrográfica. Ante semellante conxuntura, Noriega fai un «chamamento á responsabilidade dás institucións para manter proxectos básicos para os veciños».

No caso de Oroso, que viu como a Xunta decidía anular o traslado das instalacións do 112 previstas para Sigüeiro, tamén ten paralizado o proxecto de construción dun novo colexio, unha obra que está na fase de elección da oferta para a redacción do proxecto e para a que, segundo o Concello, non hai data, xa que a resposta da Xunta foi que se acometería cando presupuxese.

En situación similar atópase o proxecto para construír unha gardaría, unha inversión para a que a Xunta xa ten terreos cedidos. Ante estas obras, o goberno local lanza o dato de que Oroso hai unha media de cen nacementos ao ano e que estes nenos necesitan gardaría e colexio.

En canto ao concello brionés, o alcalde recoñece os recortes, non tanto en grandes obras, senón nas achegas económicas para financiar o servizo de emerxencias, que actúa en Brión e en concellos próximos como Ames e Teo, que carecen deste persoal. En canto á xestión da Administración popular, o seu comentario non deixa lugar a dúbidas: «Nos poucos meses que levan, máis desastre non poden ser».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion