versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Cultura e deportes para brioneses de todas as idades cun programa aberto ata 2010

[08/09/2009]

O Concello de Brión ten xa lista unha completa axenda de actividades nas áreas de Educación musical, Formación, Cultura e Deporte para o curso 2009-2010. Distínguense entre as anuais, que arrancan o 1 de outubro con sede na casa da cultura, e o resto, que dan comezo este mes.

Entre a ampla oferta pode atopar a da Escola Municipal de Música, con disciplinas como piano, guitarra, trompeta/fiscorno, tuba/bombardino, trombón, trompa clarinete, saxofón ou frauta travesera. Tamén existe unha Escola Municipal de Baile Galego e Pandeireta e outra de Baile Moderno. Do mesmo xeito, existe un servizo de animación a lectura, Xogando cos contose, para peques de entre 3 e 6 anos.

Por suposto, tampouco esquece o Concello das escolas deportivas, que este ano inclúen predeporte (nenos de 3 a 6 anos); tenis, fútbol-sala, fútbol-7, baloncesto, patinaxe, ximnasia rítmica e judo. Os maiores tamén poden gozar de ximnasia de mantemento, pilates e aeróbic. En canto aos talleres, haberá de iniciación á pintura, inglés e informática para usuarios de entre 4 e 15 anos, así como formación en informática, on- line ocupacional e xestión de pymes para maiores de 16 anos.
 



Enlace a Tierra de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion