versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os alcaldes protestarán polo atraso do transporte metropolitano ata 2010

[08/09/2009]

A comisión de seguimento reunirase o próximo día 24 tras ser aprazada pola Xunta. Malia fiscalizar os prazos esixirán que o servizo entre en funcionamento con calidade.

Os alcaldes da mancomunidade compostelana, a saber, Santiago, Ames, Teo, Brión, Val do Dubra, Vedra e Boqueixón, xunto co de Oroso, reuniranse o próximo día 24 deste mesmo mes co director xeral de Mobilidade de la Consellería de Transporte, Miguel Rodríguez Bugarín. O obxectivo deste encontro será analizar o desenvolvemento das xestións necearias para a sinatura do convenio e posta en marcha do servizo de transporte metropolitano na bisbarra compostelana.

Esta reunión dará continuidade á primeira mantida o pasado mes de xullo na que os rexedores concederon ao departamento autonómico un período de adaptación para poñerse ao día sobre esta cuestión tras a toma de posesión dos seus cargos. Non obstante, deste encontro saíra unha nova data de reunión, o 9 de setembro, que finalmente foi aprazada de forma unilateral pola Xunta, ao día 24.

Nesta cita os alcaldes presentaranse co obxectivo inicial de fiscalizar os prazos establecidos pola Xunta para a posta en marcha dun servizo que se vén demandando dende os municipios durante a última década. Así mesmo se aprobará a dotación presupostaria para este ano. Ademais, os rexedores mostrarán o seu malestar coa previsión da Xunta de pospoñer ata o ano 2010 a sinatura do convenio que permitirá a entrada en funcionamento do autobús comarcal. Malia demandar a celeridade nun tema transcendental para os concellos, os rexedores insistirán en que a Xunta dea pasos firmes para que o servizo conte coa calidade necesaria unha vez iníciese.
 



Enlace a Tierra de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion