versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Actividades deportivas e culturais en Brión para todas as idades

[08/09/2009]

Ofreceranse clases de baile, música, talleres para animación á lectura e diversos deportes. O Concello de Brión xa conta coa programación cultural e deportiva para o curso 2009-2010, cunha ampla oferta que inclúe actividades de educación musical, formación, cultura e deporte, dirixidas a todos os veciños do municipio.

Trátase dun convite á cidadanía para estimular as potencialidades físicase intelectuais dos participantes. Na Escola Municipal de Danza e Música Tradicional impartiranse clases de baile galego, pandeireta e baile moderno. Poderán inscribirse persoas a partir dos 4 anos e o importe da matrícula é de 40 euros. A música é así unha das actividades de maior éxito.

A Asociación Banda de Música Municipal de Brión, integrada por músicos de 10 a 28 anos, leva a cabo dous ensaios semanais, que compaxinan con numerosos concertos e actuacións. A Escola Municipal de Música está dirixida a veciños de 3 anos en diante e conta con diferentes especialidades instrumentais (piano, guitarra, trompeta, saxofón, etc). Esta escola conta ademais cun plan de materias complementarias, como linguaxe musical, conxunto coral e música de cámara.

Fóra do plan educativo, a escola conta cun taller de pre iniciación musical destinado nenos de 3 anos. En caso de quedar prazas vacantes, haberá un prazo de inscrición ao longo de setembro. A animación á lectura será outro dos talleres previstos para o curso co programa Xogando cos contose, para promover o hábito da lectura entre nenos de 3 e 6 anos dunha forma lúdica e divertida. Impartirase no colexio de Pedrouzos e a matrícula é de 40 euros.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion