versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Oito rexedores urxirán o novo convenio de bus

[08/09/2009]

A mancomunidade de Santiago reunirase á fin con Mobilidade este venres. Despois do baile de datas da semana pasada acerca da convocatoria para a reunión de debate acerca do novo convenio de transporte comarcal, a Dirección Xeral de Mobilidade, dependente da Consellería de Transporte, remitía onte un escrito aos concellos da mancomunidade de Santiago no que se fixaba a data definitiva para esta cita: este venres, día 11.

No escrito, a Administración autonómica lamenta os posibles "malentendidos que esta convocatoria puidese ter ocasionado" e aclara o calendario pendente en materia de bus comarcal. Así, os alcaldes da mancomunidade de Santiago (Ames, Teo, Brión, Val do Dubra, Vedra e Boqueixón, ademais de Compostela) reuniranse co director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, este venres. No encontro, os rexedores tamén urxirán a sinatura do novo convenio de transporte, que permita a posta en marcha dun novo servizo que virá a emendar as deficiencias do actual. Os rexedores manifestarán o seu malestar co atraso previsto para esta sinatura, que, segundo a Xunta, non poderá realizarse antes de 2010.

Tras esta cita, dúas semanas despois, o 24, os municipios que forman parte do actual Plan de transporte terán unha nova reunión de carácter puramente administrativo para actualizar aspectos do vixente servizo.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion