versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

90 comercios sortean a crise cos saldos

[07/09/2009]

30.000 persoas visitaron as feiras de Brión, Padrón e Ordes, que pechan con "notable" a súa primeira cita. Con éxito de vendas e público, segundo os organizadores, pecharon onte as súas portas as feiras de saldos de Brión, Ordes e Padrón, que atraeron ao longo do soleado e festivo fin de semana a preto de trinta mil persoas que puideron adquirir artigos de téxtil calzado, artesanía e fogar con descontos que nalgúns casos alcanzaban o 80% do prezo orixinal do artigo.

O balance para os noventa comerciantes que se deron cita nos diferentes recintos feirais é positivo, xa que, segundo puxeron de manifesto, lograron liberar unha grande parte dos seus stocks e salvar, desta forma, unha frouxa campaña de verán.

De "éxito notable", cualificaba onte o concelleiro de Comercio, Xosé Manuel Tobío, a celebración da I Feira de Saldos de Ordes, que foi visitada por máis de 8.000 persoas e contou coa participación de 20 establecementos asociados a Acordes, que colaborou co Concello na organización. Segundo Tobío, a maior parte dos comercios "cumpriran os seus obxectivos económicos o sábado".

Pola súa banda, unhas dez mil persoas pasaron polo outlet de Monte Balado, en Brión, que se celebrou por segunda vez este ano e volverá repetir experiencia o 6, 7 e 8 de novembro

Tamén expresaban a súa satisfacción os 23 comercios de Padrón, que pecharon onte a VI feira de oportunidades sorteando unha cesta de produtos.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion