versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Teo e Brión xa van por diante con diversos proxectos de recuperación

[06/09/2009]

Parece que Compostela vai a rebufo doutros concellos da zona, que xa se decidiron a poñer en valor o patrimonio histórico co que contan. Trátase, por exemplo, do concello de Teo, que conta dende hai un ano cunha ruta polos 17 petroglifos que se poden visitar, boa parte deles na parroquia de Luou.

Apaixonante é o caso de Brión. Fai escasamente uns meses, vía a luz un traballo interdisciplinar dos alumnos dun instituto de Vigo que, ás ordes do seu profesor, orixinario do concello brionés, dispuxéronse a estudar e catalogar as mámoas de Brión, principalmente, e algunha que outra en Ames. Cando os exemplares do devandito traballo chegaron á casa dos veciños brioneses, quedou rebatido o tópico de que os veciños e, sobre todo os propietarios dos terreos onde se esconden os restos arqueolóxicos, non se preocupan pola herdanza dos que habitaron nesa mesma zona milenios atrás.

Pancho Picado e Constantino Pérez decatáronse de que faltaban dous monumentos funerarios no estudio. A historia de Pancho é a máis curiosa, posto que despois de descubrir unha mámoa en Foxo, descubriu outra escasos 80 metros da primeira.

Tras darse conta de que o terreo presentaba unha elevación inusual, escarbó un pouco e descubriu a estrutura megalítica: neste caso, poderían conservar aínda o dolmen, cousa que non pasou co que achegou o amiense Constantino Pérez, guiado pola tradición oral.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion