versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello denuncia o abandono que sofre o antigo instituto de Brión

[01/09/2009]

Propoñen á Xunta a creación dunha residencia de maiores no seu lugar. O Concello de Brión alerta da situación na que se atopa o antigo instituto do municipio, agora en desuso, que se sitúa en Esparís. Dende fai algo máis dun ano, este sofre continuos actos vandálicos e roubos, polo que este edificio presenta actualmente un estado lamentable. A Corporación municipal escribiu xa varias cartas á Consellería de Educación alertando sobre esta situación. Mesmo, nas últimas comunicacións en xuño e agosto incluíron varias fotografías do centro.

O edificio foi obxecto durante todo este ano de accións vandálicas, así como de roubos tanto das ventás coma das portas de aluminio e dalgúns outros elementos, ademais do profundo abandono que sofre este antigo centro educativo.

A Corporación propón a reconversión deste edificio nunha residencia de terceira idade, argumentando o bo estado das instalacións que, ademais de cumprir as características apropiadas, contan cunha liña de autobús ata o lugar e, especialmente, porque este concello non conta con ningunha residencia deste tipo.

Este centro quedou abandonado o ano pasado, despois de Semana Santa, coincidindo coa inauguración do novo instituto de Pedrouzos. Nese momento, aínda o edificio atopaba en bo estado, xa que se fundou no ano 1990 e, ademais, en 1998 sufriu unha reforma que reconverteu ao centro educativo, antes colexio, nun instituto.
 



Enlace a Tierra de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion