versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Negreira acolle mañá a súa Noite Folk e A Baña e Brión celebran festas na fin de semana

[08/06/2007]

A incomparable paraxe do refuxio de Covas acolle mañá sábado dende as seis da tarde a Festa das Asociacións de Negreira, e maila Noite Folk, que este ano chegan á súa quinta edición. A principal novidade é o adianto da festa ata estas datas, xa que os catro primeiros anos celebrábase no mes de agosto.
No marco da festa vanse a repartir racións de paleta asada, o prato elixido este ano para a súa exaltación gastronómica entre todos aqueles que se acheguen polo refuxio de Covas, os cales contarán cun amplo aparcamento para os seus coches. Nas primeiras horas non faltarán as actuacións folclóricas e xogos populares.
A partir das 22.00 horas, comeza a quinta Noite Folk que neste ano contará coas actuacións dos grupos Tanxedoras do Pandeiro, Irtio e pechando o concerto subirán ao escenario os compoñentes do grupo Quempallou.

A Baña
A Baña, pola súa parte, celebrará a Festa da Carballeira Centenaria. A parroquia de San Cibrán de Barcala celebra este domingo a cuarta edición da festa da Carballeira Centenaria, e a festividade de Santa Lucía.
Ás 13.00 horas haberá unha misa solemne, e a partir das 14.45 horas, un gran xantar campestre baixo unha carpa instalada na centenaria carballeira do Val de Barcala. Terase acceso mercando un tique, a un prezo de 14 euros por persoa. A diversión está asegurada para os nenos. Tamén para os non tan nenos, grazas á actuación musical do grupo Óbice. A celebración vén organizada pola comisión de festas de Cobas e San Cibrán.

Brión
Brión tamén ten unha fin de semana de festa, coa celebración do corpus en Luaña. Esta parroquia da zona alta do municipio de Brión conmemora este domingo as súas importantes festas do Corpus coas dianas e alboradas a cargo da Banda de Música de Bandeira (Pontevedra).
Á unha da tarde haberá unha misa cantada, e posteriormente haberá unha sesión vermú amenizada pola banda de música. 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion