versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Actos vandálicos e o abandono do antigo instituto de Brión poñen en perigo o futuro do edificio de Viceso

[28/08/2009]

O antigo instituto de Brión, situado na parroquia de Viceso, situada na zona alta do municipio, permanece en estado de total abandono dende hai máis dun ano, concretamente dende as vacacións de Semana Santa do 2008, cando alumnos e profesores aproveitaron este descanso lectivo para trasladarse ao novo centro, situado en Pedrouzos, na zona de maior desenvolvemento urbanístico e demográfico de Brión.

Co cambio, a comunidade educativa mellorou ostensiblemente, xa que ademais de estrear un centro educativo tamén incorporou á oferta lectiva do municipio os cursos de bacharelato, algo impensable na antiga instalación de Viceso, que ademais de afastada tiña o problema da falta de espazo para as aulas de bacharelato.

O antigo centro está adscrito á Consellería de Educación e durante o goberno bipartito da Xunta o Concello iniciou os trámites para reconverter estas instalacións nunha residencia da terceira idade.

Malia o tempo transcorrido, o proxecto está paralizado e mentres tanto o inmoble está cada día máis deteriorado. De feito, a propia administración local alertou onte desta circunstancia e distribuíu as imaxes que ilustran esta información para poñer de manifesto a precariedade destas instalacións.

O Concello brionés afirma que «en tan só un ano, ás accións vandálicas, os roubos continuados e a desidia convertiron unha instalación que se atopaba en magníficas condicións, nunha edificación abandonada e en moi mal estado, que podería ser utilizada, sen practicamente necesidade de investimento para ofrecer outros servizos á comunidade».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion