versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión alerta á Xunta sobre o abandono que sofre o antigo instituto

[28/08/2009]

O centro é obxecto de continuos actos vandálicos e de roubos dende que deixou de funcionar. O goberno suxire que se converta nunha residencia de maiores. O Concello de Brión mostra a súa preocupación polo mal estado e o abandono que sofre o antigo instituto do concello, situado en Esparís. Dende fai algo máis dun ano, este sofre continuos actos vandálicos e roubos, o que deixa este edificio nunha situación lamentable. O Concello trasladou a súa preocupación á Consellería de la Educación a través de diversos escritos. A Corporación propón a reconversión deste edificio nunha residencia de terceira idade.

O edificio foi obxecto durante todo este ano de accións vandálicas, así como de roubos tanto das ventás coma das portas de aluminio e dalgúns outros elementos, ademais do profundo abandono que sofre este antigo centro educativo. O goberno local alertou en varias ocasións xa dende hai tempo á Xunta, mesmo nas últimas comunicacións con esta, achegaron nas cartas fotografías que mostraban a actual situación do edificio.

Ademais, propoñen a reconversión do centro nunha residencia para a terceira idade, argumentando o bo estado das instalacións que, ademais de cumprir as características apropiadas, contan cunha liña de autobús ata o lugar e, especialmente, porque este concello non conta con ningunha residencia deste tipo. Este centro quedou abandonado en 2008, despois de Semana Santa, coincidindo coa inauguración do novo instituto de Pedrouzos. Nese momento, aínda o edificio se atopaba en bo estado, xa que se fundou en 1990 e en 1998 sufriu unha reforma que converteu o colexio en instituto.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion