versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Deputación destina 600.000 euros para novas melloras viarias en Brión

[27/08/2009]

Fernández Moreda visitou onte a travesías de Liñares, xa rematada, e a de Luaña, que aínda está sen concluír. A Deputación Provincial de A Coruña aprobará no pleno do próximo 11 de setembro un inversión de 600.000 euros para acondicionar a travesía de Vilar, na parroquia de Viceso. Esta inversión confirmouna onte o presidente do organismo provincial, Salvador Fernández Moreda durante a súa visita ás obras que financiou a Deputación nas travesías de Liñares e Luaña.

No caso da travesía de Liñares, os traballos están completamente rematados tras unha inversión de preto 150.000 euros, fronte aos preto de cen mil que custou a obra de Luaña, que aínda non está rematada, aínda que as obras están moi avanzadas. O alcalde brionés, Xosé Luís García, destacou a boa execución do proxecto, así como o apoio dos veciños de Liñares para a cesión gratuíta de terreos, así como das medidas de protección ambiental no caso de Luaña, xa que as obras se executaron a escasos metros dunha carballeira centenaria, que non sufriu impacto ningún.

O presidente da Deputación e o rexedor brionés enmarcaron estas obras no plan de mellora da seguridade vial na provincia. De feito, García considerou a inversión anunciada para Viceso como «moi necesaria, pois conta cun cruce conflitivo entre ás estradas provinciais Negreira-Urdilde e Os Ánxeles-Amañecida».

Ademais desta obra, Moreda e García confirmaron a continuidade dos traballos na estrada de Liñares, que consisten na ampliación da calzada, a construción de beirarrúas ata a ponte do lugar (que tamén pasará a ser máis ancho), así como o acondicionamento dunha senda peonil dende o citado viaduto ata o núcleo de Os Ánxeles. En calquera caso, o organismo provincial confirmou que estas últimas obras está previsto que se executen ao longo do próximo ano.

Críticas do PP

A visita de Fernández Moreda, que estivo acompañado de Bernardino Rama, responsable de Infraestruturas do organismo provincial, provocou a reacción do Partido Popular, que non entrou a valorar o contido da visita nin as obras executadas, senón que cuestionou que o Concello non invitase á corporación a este acto.

O PP denuncia que o Concello anunciou a visita de Moreda cunha recepción da corporación, o que incluía representantes de todos os grupos políticos do municipio. Non obstante, Carlos Tomei, voceiro popular, afirma que o seu partido non recibiu notificación ningunha deste acto. Segundo o edil, o rexedor quixo «deixarnos quedar mal, pero non dáse conta de que os veciños non son parvos».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion