versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Moreda aprobará unha partida de 600.000 € para a vía Liñares

[27/08/2009]

O presidente da Deputación de A Coruña inaugurou onte as obras desta travesía. Aproveitou tamén para anunciar a continuación dos labores de mellora desta no próximo ano e unha contribución para inicialas noutra.

O presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Brión e tamén deputado provincial, Xosé Luís García, xunto ao responsable de Vías e Obras da institución provincial, Bernardino Rama, inauguraron onte as obras da travesía Liñares, que se sitúa na estrada provincial 1301 que une A Gándara con A Amencida. Así tamén, visitaron as obras que se están a levar cabo na travesía Luaña, prevista a súa finalización para o próximo mes de setembro.

As dúas obras están incluídas no Plan Provincial de Seguridade Vial, e o seu presuposto ascende en 365.000 euros.

Os labores na travesía de Liñares finalizaron na primeira semana de agosto, e a actuación consistiu nos traballos de desmonte, construción de beirarrúas e espazos de aparcamento. Moreda anunciou na visita que o próximo ano continuarán as obras nesta vía, nas que se ampliará a estrada, se construirán beirarrúas ata a ponte, a cal será tamén ensanchado, e se creará unha senda peonil dende a mencionada ponte ata Os Ánxeles.

Ademais, Moreda aproveitou tamén para anunciar que no pleno provincial do 11 de setembro aprobará unha partida de 600.000 euros para as obras da travesía do Vilar. Luís García mostrou a súa satisfacción e cualificou esta obra como "moi necesaria, posto que este tramo conta cun cruce conflitivo entre ás estradas provinciais Negreira-Urdilde e Ánxeles-Amañecida".

Tamén agradeceu a súa colaboración á Deputación de A Coruña e aclarou que "ás obras marcharon a bo ritmo, a pesar de que tivemos algúns problemas ca existencia de vivendas a distintos niveis".
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion