versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión remata a primeira fase das obras de cobertura das bancadas do campo de fútbol

[11/08/2009]

O Concello de Brión acaba de rematar a primeira fase das obras de teitado das bancadas do campo de fútbol municipal, uns traballos presupostados en máis de 22.000 euros e que tiveron lugar durante a segunda quincena de xullo.

As obras realizadas baseáronse na instalación dunha marquesiña metálica para cubrir unha superficie de 115 metros cadrados de graderío do campo. Habilitouse unha marquesiña conformada por catro pórticos con pranchas de aceiro galvanizado e con eles tamén se instalou un caneiro metálico e desaugadoiros para evacuar a auga da chuvia.

Esta primeira fase sitúase xusto sobre o centro da plataforma de entrada ao campo de herba artificial. Finalmente está conformada por catro pórticos aliñados e separados cinco metros entre si que, en total, cobren unha superficie de 115 metros cadrados.

Aseos para a segunda fase

Unha vez rematadas as obras desta primeira fase, o Concello de Brión acaba de recibir a confirmación dunha subvención de 48.822 euros por parte da Deputación Provincial de A Coruña para afrontar a segunda fase.

Os traballos están presupostados en case 60.000 euros e inclúen a construción dun corpo de aseos de 43,5 metros cadrados para o público dentro do campo. Esta segunda fase ten un prazo de execución de cinco meses e inclúe tamén unha ampliación lonxitudinal da marquesiña xa construída, que despois desta intervención pasará a ter un longo de trinta e cinco metros.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion