versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Malestar en Brión polo cambio no entroncamento de Urdilde ao corredor

[04/08/2009]

A anterior Xunta levou o acceso á glorieta de Pedre, a dous quilómetros. O pleno municipal de Brión acaba de aprobar, coa abstención do PP, o proxecto técnico para a construción dunha piscina cuberta climatizada. Ademais, na sesión saltaba a polémica ao defender o alcalde, o socialista José Luis García, unha moción para que se volva situar o enlace ao corredor Os Ánxeles-Martelo no ámbito de Vioxo. E é que o propio rexedor aseguraba non ser informado de que o cambio o tomou fai xusto un ano a consellería que pilotaba María José Caride (PSOE), segundo confirmaba Infraestruturas.

José Luis García explicou que o enlace entre a AC-1302 e o corredor Brión-Noia farase á altura do lugar de Pedre. Non obstante, nestes momentos hai un novo trazado que obrigará aos vehículos que procedan da AC-1302 a entrar na estrada de Noia e no núcleo urbán de A Rúa, por onde terán que manobrar durante dous quilómetros ata chegar á rotonda de Pedre. Un proxecto que, orixinariamente incluía unha conexión directa entre a AC-1302 e a rotonda de Pedre, aforraba "non menos de 1.200 metros", segundo o rexedor. A noticia provocou tamén unha rápida reacción e repulsa do PP de Negreira -tras a noticia difundida polo seu colega brionés Carlos Tomei e confirmada pola actual Xunta-, que solicita ao alcalde, Juan García, que volva ao traballo e prema para que se retome o primeiro acceso, xa que beneficia aos condutores de A Barcala e Xallas, toda vez que foron os seus compañeiros de partido político os que tomaron a arriscada decisión.

En canto á piscina de Pedrouzos, a Deputación achegará unha subvención de 1.000.000 euros e o Concello de Brión subvencionará os 386.000 euros restantes. O alcalde aseguraba que "o municipio ten músculo para facer esta inversión e debemos traballar para xerar postos de traballo nesta época de crise económica". Así mesmo, preguntado sobre as cotas que terán que aboar os veciños usuarios desta instalación, Xosé Luis García explicou que "non é o momento de debater canto se vai cobrar; primeiro hai que aprobar hoxe o proxecto, licitar as obras e construír a instalación. Nese momento falarase de concesións e cotas, primeiro hai que ter a piscina feita", resolvía no pleno.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion