versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta pospón a autovía ata Noia

[28/07/2009]

O conselleiro de Medio e Infraestruturas cre que un tráfico que rolda os 10.000 vehículos non a xustifica. O tramo do corredor ata Martelo non chegará ata o terceiro trimestre de 2010, e rematarase en marzo de 2011.

A visita do conselleiro de Infraestruturas Agustín Hernández ratificou a previsión adiantada por este semanario de romper coa promesa electoral de unir Santiago e Noia por autovía o ano que vén. E non só se posporá a vía de catro carrís porque non chegan a 10.000 os veículos que empregan a diario a estrada", segundo a Xunta, senón que o corredor a Martelo non chegará ata o terceiro trimestre de 2010, e non alcanzará a ría ata marzo ou abril do ano 2010... iso si, cun terceiro carril de suba.

Desta forma, o conselleiro percorría o desmonte dende Brión ata Martelo, xa en límite con Lousame, cos rexedores destes municipios, máis o de Rois e o de Noia, explicando que este corredor -que contará cun presuposto de case 80 millóns de euros- orquestrará outras infraestruturas "complementarias" como a variante de Noia (AC-550) -dotada con 36 millóns- e a estrada Muros-Noia, que custará 18 millóns de euros.

En total, a Xunta inverterá máis de 130 millóns de euros nas conexións viarias entre as localidades de Santiago, Noia, OU Son e Muros, que beneficiarán "especialmente" aos máis de 40.000 habitantes destas localidades, máis os de Terras que usan estas estradas para acceder cada verán ás praias.

O corredor Brión Noia terá unha lonxitude total de 18,2 quilómetros, dos cales 9,3 pertencen ao tramo Brión -Martelo e 8,9 ao tramo Martelo-Noia. Así mesmo, establécense tres viadutos en Sampaio, Pasares e Naveira, así como 11 pasos superiores e 5 inferiores no tramo Brión-Martelo, mentres que no tramo Martelo-Noia se instalarán 6 a cada altura. Haberá máis de 10 quilómetros de vías de servizo.

OBRAS COLATERAIS

Vías complementarias e un viaduto sobre a ría con empalme en Ceilán

O corredor a Noia incluirá a revexetación de case 900.000 metros cadrados. As infraestruturas "complementarias" achegarán ao corredor unha "importante" permeabilidade territorial, "impedindo" que o vial de alta capacidade se converta "nunha barreira" para as conexións internas dos municipios polos que discorre.

Por outra banda, o conselleiro recordou que a nova Xunta decidiu retomar a alternativa 2 para a construción da variante de Noia, "anulada" polo anterior Executivo autonómico, que enlazará co corredor dende a ponte de Ceilán e unirá a costa de Eiroa coa de Taramancos mediante un gran viaduto.

A CLAVE

Decenas de miles de coches cara á praia

Se ben o conselleiro de Infraestruturas ofreceu cifras medias do tráfico que soportan os accesos rodados á ría de Noia, principal destino estival para os veciños de Terras que buscan a praia, o certo é que en verán, e sobre todo as fins de semana, non é estraño que entre 25.000 e 35.000 automóbiles pasen por San Xusto rumbo á vila de Noia.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion