versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Tenso debate en Brión polo realiñamento na zona de Soigrexa

[28/07/2009]

O popular Carlos Tomei asegura que nesa zona se tirou un muro sen permiso

O pleno municipal extraordinario celebrado en Brión aprobou, cos votos do PSOE e BNG, iniciar un estudio de detalle na zona de Soigrexa (Os Ánxeles) para readaptar unha aliñación errónea contemplada no PXOM, para ampliar beirarrúas e parquin. Non obstante, o popular Carlos Tomei recordou que nesa zona o Concello ordenou derrubar un muro sen permiso da propietaria, polo que rexeitou o punto en aras da seguridade xurídica.

Na sesión tamén se aprobou unha moción do grupo municipal socialista na que se insta á Xunta a manter a gratuidad dos libros de texto no ensino obrigatorio. A moción foi aprobada cos votos a favor de PSOE e BNG, e co voto en contra do Partido Popular, que considerou que un sistema de empréstitos é antipedagóxico.

A xustificación da urxencia do pleno extraordinario radicaba na necesidade de dar conta ao pleno da liquidación da conta xeral 2008, que resultou negativa en algo máis de 200.000 euros. por acometer obras de rede de sumidoiros e abastecemento. Tamén aprobou por unanimidade a modificación da ordenanza fiscal do servizo de axuda no fogar.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion