versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión remata as obras de teitado das bancadas do campo de fútbol local

[05/08/2009]

A axuda da Deputación, de 49.000 euros, destinarase á creación de aseos públicos

O Concello de Brión vén de rematar a primeira fase das obras de cubrición das bancadas de fútbol municipal, uns traballos presupostados en máis de 22.000 euros e que tiveron lugar durante a segunda quincena de xullo.

As obras consistiron na instalación dunha marquesiña metálica para cubrir unha superficie de 115 metros cadrados de bancadas do campo. Esta primeira fase está situada xusto sobre o centro da plataforma de entrada ao campo municipal de herba artificial e nela tamén se instalaron desaugadoiros para evacuar a auga da chuvia.

O Concello remata de recibir a confirmación dunha subvención de 48.822 euros por parte da Deputación de A Coruña para afrontar a segunda fase das obras, uns traballos valorados en case 60.000 euros e que inclúen a construción dun cuarto de aseos de 43,5 metros cadrados para o público dentro das instalacións.

Esta segunda fase, que ten un prazo de execución de cinco meses, contaría tamén coa ampliación lonxitudinal da marquesiña xa construída, que pasará a ter un longo de 35 metros.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion