versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión pon en marcha as obras de saneamento en Espiñeiros

[04/08/2009]

O presuposto fixado alcanza máis de 45.000 euros. Os traballos da aldea de Vexo están rematados, só falta realizar as acometidas particulares

O Concello de Brión acaba de empezar cos traballos para dotar de saneamento os veciños da localidade de Espiñeiros, situada na parroquia de Luaña.

As obras que se están a levar a cabo englóbanse dentro do Plan Provincial de Cooperación cos concellos 2008-2011 e o seu presuposto está fixado en máis de 45.000 euros. O proxecto presentado polo Concello de Brión xunto á Deputación de A Coruña inclúe dotar de saneamento en total tres localidades: Espiñeiros, Vexo e Cristimil.

As tres son coñecidas en Brión como Os Lugariños, e nelas soamente habitan un total de oitenta e sete persoas.

Durante toda esta semana, os obreiros municipais que se atopan nos labores, traballarán na apertura das gabias para que permita o enterramento de todas as canalizacións necesarias polo centro de Espiñeiros.

Unidas por un colector

As obras de canalización para levar o saneamento dende Vexo estivéronse a realizar durante toda esta semana pasada e xa se atopan rematadas. Polo que esta aldea xa conta coas canalizacións e os pozos de rexistro correspondentes e só restaría levar a cabo as acometidas particulares a cada unha das vivendas da localidade brionesa. Posteriormente, as tres zonas (Espiñeiros, Vexo e Cristimil) quedarán unidas a un colector común no que se verquerán as súas augas fecais. O alcalde de Brión, Xosé Luis García, explica que "con estas obras seguimos completando o saneamento de todo o municipio e poderemos dar servizo aos oitenta e sete veciños e veciñas que residen alí".
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion