versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Martes, 21 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión remite a súa piscina á Deputación e O Son presenta unha de deseño

[29/07/2009]

O pleno apróbaa mañá. O rexedor Manuel Tomei divulga unha climatizada de mármore

O goberno brionés aprobará mañá en sesión extraordinaria -13.00 horas- o seu proxecto de piscina climatizada en Pedrouzos, para poder rubricar a semana que vén o convenio de construción coa Deputación. Pola súa banda, o alcalde de O Son divulgaba o estudio para levantar unha infraestrutura similar.

Así, e en canto á infraestrutura brionesa, o seu prezo roldará o millón e medio de euros, dos cales a Administración provincial achegará as dúas terceiras partes. A súa construción queda así asegurada tras descartarse unha grande área deportiva.

Por outro lado, o Concello de O Son remata de poñer en liña de saída o novidoso proxecto de construción da piscina municipal que se vai construír na zona de A Tarela. Foi o alcalde, Manuel Tomei Piñeiro, o que se encargou de presentar a devandita infraestrutura aos grupos municipais da oposición. Deste xeito, o equipo de goberno vén a cumprir un dos seus compromisos, neste caso, para cos veciños, de poñer á súa disposición unha instalación destas características.

O proxecto foi realizado pola empresa Novan Vesson e consiste na construción dunha piscina cunha especie de balsa como tellado, toda en cristal con revestimentos de mármore, así como vestiarios e duchas individuais. O presuposto para esta actuación rolda os 1,8 millóns de euros, sen incluír o IVE. A contratación das obras está prevista para o último trimestre deste ano. Parte da enerxía obterase por paneis solares e a cloración da auga farase a través de raios ultravioleta, un novidoso sistema que en Galicia tan só se usa en Allariz.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion