versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O campo de fútbol de Brión terá bancadas cubertas antes de agosto tras unha inversión de 22.000 euros

[16/07/2009]

O Concello de Brión iniciou as obras para dotar o campo de fútbol da localidade dunha estrutura que permita cubrir parte das bancadas para protexer o público en caso de chuvia.

O custo das obras, a execución da cal é posible grazas a un acordo entre o Concello e a Deputación, suma 22.000 euros, un importe que permitirá instalar unha marquesiña metálica para protexer unha superficie de 115 metros cadrados que coincide coa zona da plataforma de entrada ao campo de herba artificial. Segundo as estimacións municipais, estes traballos estarán rematados a finais de mes.

Xunto a esta intervención, o Concello tamén ten previsto destinar 60.000 euros máis para construír aseos para o público que asista ao campo. Este equipamento estará dentro do propio recinto deportivo e o prazo de execución estimado é de seis meses. Segundo o rexedor brionés, Xosé Luís García, a construción destes novos aseos está pendente nestes momentos de que o pleno da Deputación de A Coruña o aprobe, un trámite que o alcalde e deputado provincial espera que se produza na sesión ordinaria deste mes, o que permitiría acelerar os prazos.

O campo de fútbol de Pedrouzos é de recente construción e a súa execución estivo motivada pola necesidade do Concello de dispoñer dos antigos terreos deportivos para situar neles o novo instituto de secundaria de Pedrouzos.

O novo campo, financiado pola Deputación, ten herba artificial e sitúase xunto aos accesos da autovía AG-53 no propio municipio.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion