versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno de Brión avala o plan de austeridade para así facer fronte a os 'pufos' municipais

[07/07/2009]

O pleno extraordinario celebrado en Brión a pasada semana aprobou unha operación por un importe de 600.521 euros ao amparo do do Real Decreto Lei 5/2009, do 24 de abril, de medidas extraordinarias e urxentes para facilitar ás entidades locais o saneamento das débedas pendentes de pagamento con empresas e autónomos. A operación que inclúe 377.000 euros para financiar o remanente de tesouraría negativo e 223.000 euros máis para financiar deberes pendentes de aplicar presupostariamente.

A aprobación desta operación levou consigo a redación dun Plan de Saneamento Financeiro, que tamén foi aprobado na mesma sesión. Un plan a seis anos que inclúe unha serie de medidas fiscais e de xestión e administración de recursos para poder amortizar eses máis de 600.000 euros. O alcalde de Brión, Xosé Luis García, destacou que "este plan nos permite enfrontarnos á crise con garantías". Inclúe unha reforma dos ingresos do Concello, cun incremento nos impostos de vehículos, construción e recollida do lixo. O Concello de Brión exemplificaba que estes incrementos suporán un aumento de 33 céntimos no caso do imposto sobre vehículos e de sete euros anuais no caso da recollida do lixo.

Os dous grupos da oposición votaron co Concello pola elaboración deste plan de saneamento. Así, dende o BNG, Xesús Pena, recordou que "son tempos complicados e probablemente esta sexa a única vía".
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion