versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Melloran a conexión de Os Ánxeles a Os Barreiros

[03/07/2009]

A Xunta investirá catro millóns de euros para revolucionar a estrada AC-541, ramal de enlace á autovía Santiago-Brión, co obxectivo de mellorar o acceso da bisbarra de A Barcala á autovía AG-56. Na práctica, discorrerá como variante á estrada que une Os Ánxeles con Os Barreiros a través de P­edrouzos, con dous carrís de 3,5 metros cada un, cunetas e un par de glorietas. Ademais, terá enlace ao cemiterio e dúas paradas para o autobús.

Esta actuación afectará a un total de 244 terreos situados entre a entrada á AG-56 e o núcleo urbano de Brans de Arriba, e conta xa co decreto polo que se declara de utilidade pública, dispoñéndose a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra. Unha vez executada, prevese reducir o tráfico rodado que diariamente circula polo núcleo de Brión, unha zona densamente poboada, e que conta cunha cunha vía "moi estreita e anticuada", polo que se crean "complicacións" na circulación. A xuízo dos técnicos, esta nova vía "facilitará" a conexión dos municipios da bisbarra de A Barcala coa autovía AG-56, polo que tamén se mellora a conexión coas outras vías de alta capacidade e coas infraestruturas da costa. A urxencia da ocupación vén motivada polo feito de que as conexións actuais non son aptas para cubrir as necesidades e esixencias en materia de circulación viaria.

Ademais, as obras de modificación do ramal de acceso á AG-54 estarán en marcha antes de que finalice o presente ano, segundo as previsións da Consellería de Medio Ambiente e Territorio, que será o organismo que achegue o presuposto para a obra. Os preto de tres quilómetros da estrada beneficiarán a 40.000 persoas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion