versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Arde un alpendre en Ames tras cinco horas de traballos de extinción dos equipos do Sebri

[03/07/2009]

O servizo de Emerxencias de Brión (Sebri) necesitou cinco horas de intenso traballo para controlar e sufocar un incendio acontecido na madrugada de onte no lugar de Quintáns, no municipio de Ames.

O dispositivo despregouse tras unha chamada do 112 ás dúas e media da madrugada, alertando do lume. Ao lugar desprazáronse dous membros do servizo de emerxencia co vehículo de intervención rápida, que e atoparon na zona unha patrulla da Policía Local de Ames e a numerosos veciños da zona.

O lume non quedou extinguido ata as oito da mañá, xa que no alpendre, que era de pequenas dimensións, almacenara combustible, numerosas ferramentas, maquinaria agrícola, un vehículo, que quedou calcinado, e grande cantidade de herba seca.

Para evitar que o lume afectase á herba seca foi necesaria a colaboración veciñal. Este apoio resultou fundamental para controlar as lapas, xa que o vehículo de intervención conta cun depósito de solo dous mil litros de auga.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion