versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión pasou de recadar 490.000 euros a 20.000 por novas construcións

[01/07/2009]

O pleno aprobou por unanimidade un dobre plan de saneamento para pagar facturas e reducir o gasto. O Concello de Brión notou en carne propia os efectos da crise económica, que afecta especialmente ao sector inmobiliario. Proba diso son os datos facilitados onte durante un pleno extraordinario, convocado precisamente para tomar medidas económicas para facer fronte á nova situación. A cifra máis significativa deuna o propio alcalde, Xosé Luís García, que recoñeceu a caída drástica de ingresos por imposto de construcións, xa que o ano pasado as arcas locais recadaron por este concepto preto de 490.000 euros, fronte aos vinte mil recadados no que vai de ano.

Este non foi o único dato negativo, xa que durante o debate tamén se puxo de manifesto que o peche do exercicio contable do ano pasado bota un saldo negativo superior aos trescentos mil euros, un importe ao que hai que engadir un montante de máis de douscentos mil euros correspondentes a facturas que hai que aboar.

A maior parte destas facturas corresponden, segundo adiantou García, ao pagamento de obras complementarias para estender a rede de abastecemento e saneamento ás vivendas e tamén para o asfaltado dos viais sobre os que discorren as novas canalizacións.

Ante semellante tesitura económica, o pleno aprobou por unanimidade concertar un plan de saneamento acolléndose ás medidas económicas aprobadas polo Goberno para facer fronte á crise. Este plan implicará a recepción de máis de seiscentos mil euros para facer fronte ao saldo negativo das contas e tamén ao pagamento de facturas do ano pasado.

Importante recorte de gastos

Para recibir estes fondos o Concello brionés tivo que aprobar un plan de saneamento financeiro para a súa execución nos próximos seis anos para amortizar estes 600.000 euros. Entre as medidas adoptadas destaca un incremento dos impostos e un recorte dos gastos. No primeiro caso implicará un aumento dunha centésima do IBI e dunha décima do imposto de vehículos, así como un 2% na taxa pola recollida do lixo. Segundo o goberno local, as economías brionesas non sentirán apenas este aumento, xa que a media de suba do imposto de vehículos será duns de 33 céntimos e de seis euros para o IBI).

En canto ao recorte do gasto, o plan de aforro prevé eliminar unha dedicación parcial, retirar o posto de auxiliar da alcaldía e facer efectivo o plan de aforro enerxético. O rexedor insistiu que, en ningún caso, se recortarán os proxectos e as axudas de tipo social.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion