versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Apoio unánime ao plan de austeridade de Brión

[01/07/2009]

O nivel de endebedamento aumenta ata o 46%. Prevén ingresar por construcións 80.000 € en seis anos. A Corporación de Brión deu onte o seu apoio unánime ao plan de austeridade que porá en marcha o Concello de Brión para facer fronte á crise. Co preténdense paliar as repercusións do crédito por 749.127 euros para facer fronte a diversas actuacións, ademais doutra operación por importe de 600.521 euros ao amparo o Real Decreto 5/2009 de medidas urxentes para as entidades locais que permitirá pagar diversos acredores privados. Desta forma, o índice de endebedamento municipal duplícase ata o 46% (o límite é 110).

Tanto PP como BNG foron comprensivos coas circunstancias que vive a economía municipal, avogando a edil popular Míriam Piñeiro por que "se paguen as facturas que seguen" no caixón". Dende o BNG, Xesús Pena insistiu tamén en que "se"trata dun plan drástico, e solicitamos que haxa un seguimento". E é que, entre as medidas que inclúe o devandito plan de austeridade destacan a suba do IBI un 0,01%; o imposto de vehículos, que pasa dun 1.10 a un 1,11; o incremento do valor dos terreos urbanos, que aumenta un 2%; o imposto de construcións, que pasa do 3 ao 3,10 (pero só para inmobles colectivos) ou a recollida de lixo, que medra un 2%. Destacar que a previsión de ingresos sobre as construcións pasa de 429.000 a 80.000 euros... para os próximos seis anos.

En persoal está previsto aforrar 42.000 euros suprimindo unha dedicación parcial e tamén a praza de auxiliar de alcaldía.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion