versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Mil cursillistas brioneses para informática e actividades estivais para os máis veteranos

[30/06/2009]

Avanzan as obras para construír o telecentro, que dará cabida a 24 alumnos. A nada menos que un millar accede a cifra de alumnos de Brión que superaron xa os cursos de informática convocados polo Concello. A oferta formativa, ademais, verase mellorada e ampliada ao avanzar as obras do novo telecentro de comunicacións, no baixo da casa do concello, cunha capacidade estimada para para 24 persoas. Estas e outras actividades estarán a disposición dos maiores do municipio nos próximos meses estivais.

Así, nas mañás dos martes e xoves do mes de xullo (de 10.30 a 12.00 horas), o centro social polivalente acollerá un curso de iniciación á informática para maiores. Ademais, os luns e os mércores de xullo e agosto (en horario de 11.00 a 12.00 horas) realizaranse dinámicas e xogos en grupo. E os martes e xoves de ambos os dous meses terán lugar camiñadas grupales, unha iniciativa posta en marcha o pasado ano e que consiste nuns paseos en grupos por Pedrouzos, dunha hora e media de duración, que serven para estreitar lazos entre os veciños. O Concello de Brión incrementará este ano o número de grupos e de saídas para todas estas actividades gratuítas.

Escola de música

Ademais, acaba de abrirse o prazo de matrícula curso 2009-2010 para a Escola Municipal de Música de Brión, que durará ata o 15 de xullo. Existen plans para alumnos de 4 a 18 anos e maiores de 16. As clases son gratuítas, e só haberá que aboar corenta euros anuais para o plan educativo xeral e sesenta euros para o de adultos.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion