versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As tarifas da escola de música de Brión oscilarán entre os 40 e os 60 euros anuais

[25/06/2009]

O Concello de Brión abriu o período de reserva de prazas para a escola municipal de música, que establece unhas taxas anuais que oscilan entre os 40 e os 60 euros.

Este centro ofrece formación non regulada. Dispón de dous plans educativos, un para alumnado de entre 4 e 18 anos, e outro enfocado especialmente para persoas adultas. Para os máis novos o custo ascende a 40 euros, e 60 euros para o proxecto de formación musical para adultos, no que teñen cabida as persoas maiores de 16 anos.

O centro ofrece tres niveis académicos: achegamento á música, desenvolvemento inicial nalgún instrumento, e afianzamento das habilidades musicais e instrumentais. De forma paralela desenvolve un programa especial para nenos de entre 4 e 7 anos.

En canto ás clases de instrumentos, os alumnos poderán recibir formación de piano, guitarra, trompeta, trombón, trompa, tuba, clarinete, saxofón e frauta travesera. A estas ensinanzas engádense outras como a linguaxe musical, conxunto coral e música de cámara. O prazo de matrícula finaliza o 15 de xullo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion