versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión reclama a limpeza de parcelas lindantes coa estrada de Noia e a autovía

[24/06/2009]

O Concello de Brión solicitou á Consellería de Medio Ambiente que limpe varias parcelas de titularidad autonómica situadas xunto a redes viarias, co conseguinte risco para a seguridade vial.

Os terreos que, a xuízo do Concello, necesitan unha limpeza están xunto á estrada AC-541, ao seu paso pola urbanización Hortensia; na marxe esquerda do río Pego, fronte á urbanización O Beado, ademais das rotondas e parcelas que se atopan baixo a autovía Santiago-Brión. O rexedor brionés, Xosé Luís García, recorda que o pasado 17 de xuño o voceiro popular Carlos Tomei presentou un queixa formal pola maleza xunto a ao urbanización Hortensia, polo que o Concello instou á Xunta a que acondicionase a citada parcela.

Seguridade vial

Na mesma reclamación formulada ante a Consellería de Medio Ambiente e Territorio, tamén solicitaron a retirada da maleza que invade as dúas rotondas da autovía na súa saída cara a Brión, ademais do tramo que queda entre ambas as dúas debaixo do viaduto. García destaca que se«trata de puntos de especial coidado non só por elementais razóns de ornato público, senón tamén para garantir unha circulación segura».

En canto á estrada lindante ao río Pego, o propio rexedor destaca que o mantemento da marxe esquerda é competencia da Xunta, mentres que o dereito lle corresponde ao Concello, unha zona na que, engade García, «está en perfectas condicións».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion