versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As aulas de informática de Brión tiveron máis de mil alumnos dende a súa apertura en xuño do 2007

[23/06/2009]

O peche da última programación de actividades da aula de informática de Brión permitiu facer balance. Este cómputo bota un resultante de máis de mil usuarios dende xuño do 2007, momento no que comezaron as actividades de formación promovidas polo Concello.

Baseándose nestas estatísticas, os cursos máis demandados son os de iniciación á informática para nenos, xa que cada ano suman máis de cincuenta alumnos. Segundo este mesmo estudio, a finais do 2008 o rexistro de usuarios foi de 676, un número que creceu considerablemente no primeiro semestre deste ano.

Con todo, a Administración local dá por feito de que este rexistro aumentará coa próxima inauguración do telecentro, que permitirá impartir un maior volume de cursos e ofrecer talleres máis especializados. As novas instalacións estarán listas antes de que remate o ano, adiantándose ao prazo previsto nun primeiro momento, xa que un dos proxectos que debía financiar a Secretaría Xeral de Comunicación se deu de baixa e o seu lugar o ocupou a proposta de Brión.

O coordinador das actividades de informática de Brión, Antonio Casal, destaca que o futuro telecentro ofrecerá as máis modernas tecnoloxías con capacidade para atender 24 alumnos, que terán á súa disposición doce puntos informáticos, ademais dun posto de profesor con capacidade para que poidan traballar ata tres relatores.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion