versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta adianta ás 09.45 horas a entrada ao CEIP brionés

[23/06/2009]

A visita do superdelegado da Xunta Diego Calvo ao colexio de Pedrouzos, en Brión, trouxo o adianto da xornada escolar ás 09.45 hopras para o próximo curso, unha reivindicación que aceptaba a ANPA Andaravía, pendente de futuros reaxustes, xa que eles reivindicaban que a entrada se cambiase dende as 10.15 ás 09.30 horas.

Na reunión, que congregou o director do centro, pais de alumnos e o voceiro local do PP, Carlos Tomei, tamén se ofreceu saír polas tardes ás 16.30 horas, en lugar de ás 17.00 horas. De calquera forma, segundo lles explicaba Diego Calvo, é posible que se adianten máis as horas citadas en canto se renegocien as rutas de buses, sempre tendo en conta tamén que está empezando a operar o organigrama completo da Consellería (que contará como xefe territorial coa ex edil do PP lousamiano Teresa Villaverde). Igualmente, o rexedor de Negreira entregaba na Consellería os documentos que dan fe do aumento do censo escolar de Infantil (naceron 80 peques) o que obrigará a contar con máis aulas. Ao respecto, deixou claro que é necesario construír ou reutilizar algún inmoble para tal fin no prazo de dous anos.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion