versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ven inviable un complexo deportivo de Brión, pero haberá piscina climatizada

[18/06/2009]

Dous dos tres policías promoven o martes unha manifestación. Esixen que a Xunta manteña un plan de vivenda que segundo o PP nunca foi asinado. Cae o grande complexo deportivo de iniciativa privada previsto para Brión, pero o Concello mantén a construción dunha piscina climatizada provincial (e sen incluír a Rois). Este punto, e o anuncio dunha manifestación da Policía Local o próximo martes na carballeira de Santa Minia -polo calendario laboral e a categoría profesional que reclaman dous dos tres axentes- foron dous dos puntos máis debatidos do pleno municipal celebrado onte.

Así, a propia intervención do Concello cualificaba o pasado 27 de abril de "moi arriscado" en tempos de crise darlle luz verde a un grande complexo deportivo, aínda que o rexedor José Luis García recordou que a Deputación xa concedeu un millón de axuda que se complementará "cunha achega municipal de 334.000 euros para a piscina climatizada cuberta de Brión, así como doutros 52.000 para ou estudio". Outro punto polémico, que sacou por moción o BNG, foi a queixa ante a posible desmantelación do plan de vivenda, que dotaría o municipio con 187 vivendas protexidas (e outras 47 con prezo limitado) en Vila Amalia. Non obstante, o rexedor recordou que está previsto construír 50 pisos xunto ao campo de fútbol e que se pediron 30 máis. O PP votou contra a urxencia, argumentando que a anterior Xunta nin se preocupara de asinar o devandito plan sectorial.

Houbo tamén outra moción do BNG en apoio do sector lácteo, que complementou o PSOE, e volveu saír á palestra a retirada do placa en memoria dos caídos na Guerra Civil que se sitúa na igrexa de Viceso. O rexedor confirmou que xa se remitira o rogo dos nacionalistas ao Episcopado en virtude da Lei da Memoria Histórica, algo que criticou o PP. Outro rogo, esta vez dos populares, recordaba a obriga do Concello de instar a que se recorte o exceso de vexetación, ben en terreos privados ou con titularidad doutras administracións, como a que rodea a urbanización Hortensia. Finalmente, deuse fe da denegación de recursos contra o derrubamento dunha planta dunha vivenda local.

O DATO

O Concello de Brión conta xa cun novo logotipo institucional, obra do creativo biscaíño Borja Sánchez e que representa as Torres de Altamira. Foi seleccionado entre 108 obras a concurso.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion