versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Educación ofrece adiantar ás 09.45 horas a xornada en Brión

[19/06/2009]

Diego Calvo trasladou que o transporte tamén sairá antes pola tarde. A ANPA acepta se no futuro formulan melloras. Estudarán un conservatorio para Negreira. O superdelegado Diego Calvo puxo as cartas sobre a mesa, respondendo ao envite da ANPA Andaravía para adiantar a xornada escolar: A Xunta propón que os rapaces entren ás 09.45 horas, en lugar das 10.15, e pola tarde saian ás 16.30, en lugar de ás cinco, segundo o edil popular Carlos Tomei. A proposta, que podería mellorar a medio prazo (cando se renegocie o transporte escolar coas empresas de buses) irá agora ao conselo escolar de Pedrouzos para que se pronuncie, tras dar a ANPA Andaravía o seu beneplácito condicionado a unha adianto aínda maior.

Na reunión, que contou coa presenza do director, docentes, presidente e voceiro de Andaravía e o voceiro local do PP, tamén se abordaron outros problemas no colexio, que posiblemente visitará en breve o novo xefe territorial de Educación, e ex edila de Lousame, Teresa Villaverde. Pola súa banda, dende a ANPA adiantan que, se ben a proposta de Educación non é o que pedían -sempre defenderon un adianto, como mínimo, para as 09.30 horas-, aceptan a expensas de futuras melloras horarias.

Reunión con García Fuentes

Igualmente, o alcalde de Negreira, o socialista Juan García Fuentes, reuníase na Consellería de Educación para presentar a necesidade de espazo físico para os alumnos de Infantil, cos datos de nacemento que anticipan o desembarco de 80 novos peques en dous anos. Ademais, solicitará que a unidade técnica visite o anexo multifuncional para ditaminar se pode albergar un conservatorio, en lugar de escola de música. "Se eles aceptan, pediremos a homologación de xeito automático", apuntaba o rexedor.

O dato

Reparacións no instituto e O Couto

O rexedor de Negreira apuntaba que os operarios de Educación solucionarán en breve as deficiencias en colexio e instituto, e que se rexeitou o peche total do polideportivo interior.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion