versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

PSOE e Bloque instan á Xunta a que manteña o plan de 187 vivendas protexidas do bipartito

[18/06/2009]

A sesión ordinaria de onte de Brión tamén serviu para que o grupo de goberno, que asume con maioría absoluta o PSOE coa alcaldía de Xosé Luís García, e o grupo do BNG instasen formalmente á Xunta de Galicia a manter o plan sectorial de vivenda, que establecía a posible construción no municipio de 187 pisos protexidos e 47 máis de prezo limitado mediante un investimento de 4,9 millóns de euros. A proposta formulouna o BNG, partido que xerou este proxecto no anterior goberno autonómico, e contou co apoio do PSOE e o rexeitamento do Partido Popular, que criticou o citado plan sectorial de vivenda.

O alcalde sinalou durante o pleno que está prevista a construción de medio centenar de vivendas protexidas xunto ás instalacións do campo de fútbol de herba artificial de Pedrouzos e que hai unha solicitude complementaria para construír outras trinta.

O pleno tamén aprobou por unanimidade o novo logotipo do municipio.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion