versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Levantan as actas previas para ocupar os terreos das obras do corredor entre Brión e Noia

[16/06/2009]

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 8 recolle un anuncio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través do que dá conta das datas definitivas para proceder ao levantamento de actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras do proxecto modificado do corredor Brión-Noia, no tramo Brión-Martelo e que afecta os municipios de Rois, Lousame e Brión. A actuación lévase a cabo co fin de adquirir camiños de servizos e de servidume por causa dos traballos da citada infraestrutura, que obriga a realizar estas expropiacións.

Así, os levantamentos de actas serán a partir das 9.30 horas no local social de Urdilde (Rois) os días 29 (da A ata Figueira Rey), e 30 de xuño (de Freire Iglesias a Lois Lago) e 1 de xullo (de Lois Neo á Z). ÁS 9.15 horas na casa consistorial de Lousame o 1 de xullo (todos os veciños afectados), e ás 9.15 no centro social polivalente de Brión o 2 (da A ata Freire Landeira), o 3 (de García Botana a Pérez Buyo) e 6 de xullo (de Pérez Freire á Z).

Ao acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por unha persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome. Os veciños ten que presentar os documentos acreditativos do seu titularidad, DNI e o último recibo de contribución, e poden facerse acompañar pola súa conta, dos seus peritos e notarios.

O corredor Brión-Noia divídese en dous tramos que xa se atopan en obras.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion