versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Máis de cen brioneses apúntanse á comida ecolóxica

[09/06/2009]

Veciños do municipio e de Ames gañaron o concurso de fotografía ambiental. A tortilla de patacas, os queixos, e diferentes empanadas -en especial a de xoubas- realizadas con produtos totalmente caseiros foron os produtos máis demandados na degustación de produtos ecolóxicos organizada en Brión con motivo da conmemoración do Día do Medio Ambiente. Outros asistentes á celebración tamén resaltaron en especial as froitas ofrecidas, entre as que sobresaíron amorodos e cereixas; e os doces elaborados con ingredientes totalmente naturais, como canas de crema, rosquillas de anís ou tortas de améndoa. Todos os alimentos procedían do denominado Proxecto Amorodo, unha iniciativa que busca fomentar a produción e consumo de alimentos sans nas bisbarras de Amaía e de Sar.

As actividades programadas polo Concello dentro do proxecto Brionatura iniciáronse cunha visita á planta de compostaxe de Lousame. Tamén se celebrou unha charla sobre as aves do val de Amaía, impartida pola Sociedade Galega de Historia Natural, á que asistiron sobre 50 persoas: as diversas especies mostráronse con proxección de imaxes e mesmo coa reprodución dos cantos de cada unha delas.

A edil de Cultura, Patricia Vázquez, e a axente de desenvolvemento local, Elisa Iglesias, presidiron a entrega de premios do primeiro concurso de fotografía ambiental de Brión, no que 70 fotografías mostraban recursos naturais do municipio. O primeiro e segundo premio foron para Jesús García Otero e Rafael Arroyo Muñoz, veciños de Brión; e o terceiro para María Negredo Vázquez, de Bertamiráns (Ames). Os galardóns son diplomas, libros e servizos en tres empresas hostaleiras e de restauración de Brión.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion