versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O comercio de Brión pecha con éxito a súa primeira Feira de Saldos

[09/06/2009]

O goteo incensante de publico hizó que as 50 sinaturas liquidarán grande parte dos seus stocks. Era a primeira iniciativa da nova asociación empresarial de Brión, que a poucos días da súa creación xa obtivo o seu primeiro éxito no seu obxectivo de lograr relanzar o comercio local. A Feira de Saldos, organizada no centro comercial de Monte Beado, foi un acerto grazas, en gran parte, ás estupendas gangas que os 50 expositores puxeron ao alcance duns visitantes que encheron o recinto durante toda a fin de semana.

A mostra foi inaugurada polo presidente da asociación de Empresarios Altamira, de Brión, José Manuel Abelleira; o alcalde de Brión, Xosé Luis García; e a xerente do certame, María Vidal, de dez da mañá a dez da noite.

O alcalde agradeceu o traballo realizado pola asociación de empresarios e fixo especial alusión ao labor de María Vidal por sacar adiante a primeira edición desta cita. "Con esta iniciativa non só pretendemos potenciar ou comercio nunha época de crise na que actividades te deas tipo tentan mellorar a situación, senón tamén facer saber á xente ás posibilidades de negocio que hai en Brión", explicou.

A experiencia de montar a primeira edición da Feira de Saldos de Brión na área comercial de Monte Beado, con máis de 1.000 metros cadrados de espazo expositivo, coroouse con rotundo éxito. Bikinis e bañador a cinco euros, televisores de pantalla plana a metade de prezo, cazadoras mariñeiras por debaixo de trinta euros, calzado para todos os petos, garantías de marca a prezo de mercado e saldos tan rechamantes como o de tres pares de medias por cinco euros, foron argumentos máis que convincentes para que miles de persoas visitasen a mostra.

Ademais, o parquin de trescentas prazas de Monte Balado fíxose insuficiente. De feito os vehículos aparcados podíanse ver ao bordo da estrada que conduce a Bertamiráns. E é máis, algunha das tendas do centro comercial brionés non recordan nada igual dende a súa inauguración e xa están a desexar que chegue a próxima edición.

INCIDENTES

Inspectores de Traballo revisaron a documentación dos expositores

Malia o bo ambiente que houbo toda a fin de semana en Monte Beado, algúns comerciantes levaron un bo susto cando o domingo pola mañá chegaron ao centro comercial de Monte Balado cinco inspectores de traballo que pediron aos expositores a documentación para saber se todo estaba en regra. Este incidente non embazou, non obstante, o éxito dunha cita que deixou pequeno o recinto, aínda que algúns dos comerciantes terán que ir declarar a A Coruña.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion