versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os equipos de Protección Civil da zona fórmanse en Carballo para loitar contra os incendios

[06/06/2009]

As agrupacións de Protección Civil de varios concellos da bisbarra e de outros da provincia como Arteixo, Brión, Carral, Santa Camba, Boqueixón, Ribeira ou Teo participarán dende hoxe e ata o próximo día 20 nun curso de «prevención e loita contra incendios» que organiza a Academia Galega de Seguridade Pública, na base de Carballo. A acción formativa, na que tomarán parte voluntarios de Cabana, Cerceda e Muxía, ademais dos propios anfitrions, desenvólvese durante estas tres fins de semana, con excepción de mañá domingo, que estará suspendida coincidindo coas eleccións.

O profesorado, integrado por Marcos Alonso, Ricardo Sánchez, María Jesús Vilariño, Carlos García e Francisco de Prada, instruirá os voluntarios en habilidades propias do servizo como o manexos de equipos, a coordinación con outros corpos de emerxencia, a regulación das alertas ou a interacción coa poboación, pero sempre coas intervencións propias dos incendios urbanos e forestais como tema central.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion