versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un grupo de quince profesionais da bisbarra montan expositor na Feira de saldos de Brión

[06/06/2009]

Está claro que calquera oportunidade é boa para sacar produto do almacén e facer algo de caixa, sobre todo en anos como este nos que a crise aperta e os clientes agárranse máis que nunca á política do aforro. E iso é o que deberon de pensar a quincena de comerciantes da bisbarra de Barbanza que decidiron pońer á venda os seus produtos na primeira edición da feira de saldos que ten lugar esta fin de semana na área comercial Monte Beado, no concello de Brión.

Ao parecer, e segundo comentaron dende a entidade de comerciantes Noia Histórica, os xerentes dos locais animáronse a ir despois de que os organizadores da cita comercial enviasen un convite a numerosas asociacións de vendedores de toda a comunidade galega.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion