versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Feira de Saldos de Monte Beado ofrece produtos de diversos sectores a prezos moi rebaixados

[06/06/2009]

A feira multisectorial de Brión abriu onte as súas portas no centro comercial Monte Beado e, durante toda a fin de semana, ofrecerá os seus produtos nun amplo horario de dez da mañá a dez da noite. Á inauguración do recinto, celebrado onte, asistiu o alcalde, Xosé Luís García García; o presidente da Asociación de Empresarios Altamira, José Manuel Abelleira; e, a xerente do centro, María Vidal. Na Feira de Saldos asisten máis de cincuenta expositores, que ofrecen saldos de tempada e outros produtos a prezos rebaixados. Os sectores comerciais representados son practicamente todos e, pode atoparse dende establecementos de moda e calzado ata de mobles, alimentación e complementos. O Concello de Brión conta cun expositor informativo no recinto feiral, no que se ofrecerá fundamentalmente información turística.

O acceso ao recinto é gratuíto e a organización ofrece un servizo gratuíto de gardaría, aparcamento e acceso a wi-fi. No centro comercial haberá tamén servizo de restaurante e cafetaría para os visitantes.

Xosé Luís García García incidiu, no acto inaugural, que «con esta iniciativa non só pretendemos potenciar ou comercio nunha época de crise; senón tamén facer saber á xente ás posibilidades de negocio que hai en Brión».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion