versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A ganga está nos arredores

[07/06/2009]

As zonas de Cacheiras e Brión están paradas e os que están apurados por vender non teñen outra opción que baixar o prezo. A venda de inmobles nas localidades que naceron e creceron á sombra de Santiago atravesa polo seu peor momento. Algúns pisos esperan nas listas das ofertas das axencias inmobiliarias dende hai meses sen recibir apenas visitas de interesados ou de curiosos. Moitos son os que, sen présa por vender, preferiron retiralos da oferta para evitar unha mala venda nun momento de vacas frouxas.

O problema céntrase nos propietarios que, sufocados polas hipotecas, están a verse obrigados a vender e, ante a falta de interese pola zona non teñen máis opción que baixar o prezo. Algúns axentes consideran que no extraradio de Santiago aínda baixarán máis. Fálase de que a redución será de arredor dun 20% nas localidades máis ou menos atractivas. Ninguén se aventura a predicir de canto será a baixada nos concellos do ámbito máis afastados de Santiago que nunca foron atractivos para converterse en cidade dormitorio.

Algúns expertos consideran que nos últimos anos do bum inmobiliario os prezos das casas e dos pisos en municipios como Teo, Ames e Oroso estaban moi por enriba do seu valor real. Un sobreprezo que roldaba en zonas como Milladoiro e Bertamiráns ata un 15% máis do que realmente debería pagarse polo piso. No caso de Cacheiras, o sobreprezo podía ser mesmo superior, a xulgar polo comportamento do mercado inmobiliario nesta zona pouco atractiva durante os últimos meses.

Un dos axentes inmobiliarios consultados asegura que hai dous anos vendeu un piso en Cacheiras por 150.000 euros en pouco máis de cinco meses. Agora, un piso idéntico no mesmo edificio está á venda en 120.000 euros e non conseguiu nin a unha soa persoa interesado en velo.

Brión e Ames

En zonas como Brión, onde se planificaron promocións pensando nas excelentes comunicacións que suporía a apertura da autovía de Noia, o varapalo foi aínda maior. Un promotor da zona quixo asegurarse unha parte do beneficio nos casos de revenda antes da primeira escritura e puxo unha cláusula no contrato privado pola que se aseguraba unha porcentaxe dese beneficio. O problema é que, aínda hoxe, algúns non conseguiron revender e se empezan a formular vender solo para recuperar a inversión. Mesmo nalgunhas promocións de Brión non só baixaron o seu prezo, senón que tamén están dispostos a amoblar a cociña e ofertar outras melloras.

As localidades de Milladoiro e Bertamiráns, ambas as dúas en Ames, foron durante anos o refuxio dos compostelanos que non podían acceder a unha vivenda en Santiago por os seus desorbitados prezos. Non obstante, na situación actual, malia a tendencia á baixa dos prezos, as vendas están practicamente paradas. A explicación dos expertos é que estas vivendas interesan a persoas ás que as entidades bancarias non están dispostas a prestarlles o diñeiro. De aí a dificultade para lograr unha saída no mercado actual.

Esta franxa da poboación, que hai uns anos se hipotecaba empurrada polos baixos tipos de interese, agora está a inclinarse polo aluguer, e algunhas axentes consideran que son clientes potenciais que comprarán vivendas en canto melloren as condicións económicas do país.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion