versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A oferta de saldos converte a Brión no centro comarcal do comercio

[06/06/2009]

O complexo de Monte Balado abriu onte as portas da cita empresarial na que están presentes máis de 50 postos ·· Xosé Luis García: "Pretendemos mostrar as posibilidades de negocio do municipio"

O presidente da asociación de Empresarios Altamira, de Brión, José Manuel Abelleira; o alcalde de Brión, Xosé Luis García; e a xerente do certame, María Vidal, inauguraron onte ás once da mañá a Feira de Saldos de Brión. Este certame multisectorial reúne a máis de 50 establecementos no centro comercial Monte Beado durante toda a fin de semana, en horario ininterrompido de dez da mañá a dez da noite.

Xosé Luis García agradeceu o traballo realizado pola asociación de empresarios Altamira, polo grande número de comerciantes presentes no feiral. O rexedor fixo especial alusión ao labor de María Vidal, por sacar adiante a primeira edición desta cita. "Con esta iniciativa non só pretendemos potenciar ou comercio nunha época de crise na que actividades te deas tipo tentan mellorar a situación, senón tamén facer saber á xente ás posibilidades de negocio que hai en Brión", explicou.

Pola súa banda, Abelleira agradeceu a asistencia a todos os presentes e mostrou a súa confianza en que a iniciativa sexa un éxito tanto de vendas coma de visitas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion