versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión destina 750.000 euros á piscina e obras na casa do concello e rede de augas

[06/06/2009]

O pleno municipal de Brión aprobou onte unha modificación de crédito por importe de 749.127 euros grazas aos votos a favor de PSOE e BNG e coa abstención do PP. Unha modificación de crédito que conta co informe favorable de Intervención e que inclúe a realización de tres importantes proxectos para o futuro do municipio (a nova piscina climatizada cuberta, a nova casa consistorial e unhas obras de saneamento no municipio), que se financiarán a cargo dun empréstito polo mesmo importe, as bases de convocatoria do cal foron aprobadas nesta mesma sesión.

O alcalde, o socialista Xosé Luis García, anunciou que ao aprobar esta modificación de crédito, o Concello, de acordo co que establece a lexislación vixente, terá que elaborar un plan de estabilidade financeira, que será presentado ao pleno municipal dentro de tres meses. Aínda así recordou que o nivel de endebedamento municipal é do 18%, moi lonxe aínda do máximo que autoriza a lei, situado no 110%.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion