versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As gangas da Feira de Saldos deixan pequeno o recinto de Monte Balado

[08/06/2009]

As tendas do centro comercial non recordan nada igual. Roupa e calzado levaron a palma. Os membros da asociación empresarial de Brión, de recente creación, e o seu presidente, José Abelleira, non se podían nin imaxinar o éxito que ía obter a súa primeira iniciativa. A Feira de Saldos, organizada no centro comercial de Monte Beado, foi un acerto grazas, en gran parte, ás estupendas gangas que os máis de cincuenta expositores puxeron ao alcance duns visitantes que encheron o recinto durante toda a fin de semana.

Bikinis e bañador a cinco euros, televisores de pantalla plana a metade de prezo, cazadoras mariñeiras por debaixo de trinta euros, calzado para todos os petos, garantías de marca a prezo de mercado e saldos tan rechamantes como o de tres pares de medias por cinco euros.

Con estes argumentos é doado de imaxinar a satisfacción dos compradores, por realizar unha excelente operación, e a dos empresarios por liquidar a mercadoría, aínda que estes últimos levaron un bo susto cando onte pola mañá chegaron ao centro comercial de Monte Balado cinco inspectores de traballo que pediron a un bo puñado de expositores a documentación para saber se todo estaba en regra.

Este incidente non embazou, non obstante, o éxito dunha cita que deixou pequeno o recinto de Monte Beado. O parquin de trescentas prazas fíxose insuficiente. De feito os vehículos aparcados podíanse ver ao bordo da estrada que conduce a Bertamiráns.

E é máis, algunha das tendas do centro comercial brionés non recordan nada igual dende a súa inauguración e xa están a desexar que chegue a próxima edición.

O DATO

Dando exemplo

O propio alcalde de Brión, José Luis García, achegouse ao recinto de Monte Balado para realizar algunhas compras en compañía da súa familia. Iso si que é predicar co exemplo.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion